Walls Come Tumbling Down

O miniblog de Modesto, para cando non teño tempo de facer posts quilométricos
Mon May 12

Iceweasel e Wine

Levo uns días “preocupado” porque no ordenador de sobremesa, cada vez que arranco iceweasel, sáeme unha fiestra de Wine avisando de que o programa non se puido executar. Acabo de descubrir nun foro que a causa é o engadido Flashgot. Xa o comprobarei. Polo menos, xa sei que non é un virus de Windows. :D